Friday 17 August 2012

Llotja de la Seda

A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.